Phoenix Criminal Lawyer
 

Fin de etapa.

Abril 4th 2015 by pumarios in Sen clasificar Comentarios desactivados en Fin de etapa.

Con esta entrada neste blog, dou por fechada a minha etapa e o meu paso pola casa Pumarinha, ex-escola libre e posterior vivenda compartida.

O caminho segue, e polo visto, queda moito por facer. A Terra e o Universo son grandes demais para estar fechados nun só lugar. Aínda que os retiros son necesarios e fan moito ben; o integrar a auto·aprendizaxe como a base da propia educación é a esencia de todo ser con un chisco de consciencia

Ser, estar, compartir, comunicar, cambiar… e outra vez a comezar.

Grazas a tod@s as que ensinaron, as que seguen involucradas, esa xente diferente á que podemos vernos aos ollos e reconhecernos. Sen vós, sen nós, todo sería moi diferente.

Seguiremos, e probablemente nos atoparemos outra vez. Será xenial!

Ata entón, tan só lembrarvos que sempre levades con vós un saco de amor, agarimos e abrazos… sacádeos fóra, q son para regalar. E non vos esquezades, nunca estamos nin estaremos sós.

Renato (ex·acompanhante da escola libre Pumarinhos)

pd. Se estás interesad@ en temas de conhecemento e cambio, visita o meu blog: www.TururuVigo.blogspot.com.es

pd2. Se queres información concreta, se me queres escribir: pallasotururu@gmail.com

Meditación e saúde

Agosto 11th 2014 by pumarios in Sen clasificar Comentarios desactivados en Meditación e saúde

A liberdade da educación consiste tamén en conhecerse mellor a unha mesma, e en aprender a todo momento.

Pararse a respirar, meditar, tan só é unha posible vía.

O último que escribín sobre o tema, titulado “Meditación e saúde”, está neste enlace de aquí abaixo, para continuar tod@s xuntas nun sempre novo tempo de paz.

http://tururuvigo.blogspot.com.es/2014/08/30-meditacion-e-saude.html

Saúde e “OM”.

RenaRenato

lord-krishna

Krishna en postura de meditación.

Meditación na natureza (Agosto’14)

Xullo 31st 2014 by pumarios in Sen clasificar Comentarios desactivados en Meditación na natureza (Agosto’14)

A partir do xoves, 7 de agosto, PUMA·14 abre as súas portas cunha nova proposta: sesións de meditación matutinas na natureza.

Levarse ben cunha mesma e con @s demáis é un traballo individual e grupal, de todas e de todos. Os froitos deste traballo é o estado de ben·estar, de sentirse ben e tomar a vida e os seus acontecementos cunha maior calma, tranquilidade e serenidade.

Tanto se nunca meditaches, como se xa estás experimentado, se estás dispost@ a seguir aprendendo tanto de ti coma d@s demáis, esta é a oportunidade que agardabas!

Perde os teus medos e atopa a túa alegría. Sinte a túa enerxía e o teu potencial rodead@ de boa compañía.

Este será o horario aproximado:

10-10.30 Recepción d@s participantes

10.30-11.30 Rolda de presentación

11.30-12.00 30 minutos de silencio. Meditación.

12.00-13.00 Comentarios posteriores.

Agardámoste. Non deixes pasar esta oportunidade.

Para inscribirte, ponte en contacto conmigo neste correo: pallasotururu@gmail.com, ou no teléfono 686·318·740 (Renato)

“A natureza (e o silencio) só nos mostran aquilo que estamos preparad@s para aprender”

meditacion

O prezo é voluntario, acéptase a vontade.

Colabora e axuda a construir, entre tod@s, un novo mundo de paz.

#Vida  #SaúdeMental  #LiberdadeEspiritual  #FelicidadeSuprema  #OM

Comunicado

Outubro 5th 2013 by pumarios in Sen clasificar Comentarios desactivados en Comunicado

Como poden persoas “non-libres” educar/formar/acompanhar a crianzas en liberdade?
Esa é a minha grande inquedanza: se non somos persoas libres, podemos falar de liberdade e poderemos liberar, aínda que sexa por breve momento, a outras iguais?
Este verán en Puma13 estivemos de xuntanzas, aprendendo entre todas, formándonos xuntas como persoas, conhecéndonos e reafirmándonos.
Mais polo de agora Pumarinhos está…

Grazas a todxs pola paciencia de saber esperar.
Continuaremos, claro está.
Ata entón, saúdos,
Puma13

pd. Recibimos no correo de Pumarinhos varios curriculums de xente interesada en colaborar. Todas queremos un mundo mellor, e o principio iniciador é cada persoa, cada individuo individual: trátase de aprender, ter a experiencia, deixar pasar o tempo, e melhorar o que hai.
Grazas polos vosos correos-e! Cando fagamos actividades, avisaremos.

Pasos no proceso de APRENDIZAXE

Agosto 18th 2013 by pumarios in Sen clasificar Comentarios desactivados en Pasos no proceso de APRENDIZAXE

“Para saber facer unha (1),
antes hai que facer mil (1.000)”

A APRENDIZAXE é un proceso de adquisición/interiorización de CONHECEMENTO, o cal obténse usando a RAZÓN por medio de, sobre todo, dous mecanismos:

– EXPERIENCIA de vivencias (propias e alleas)

– ESTUDO da realidade (tanto exterior como interior)

Podemos aprender en calqueira lugar ou en calqueira momento, igual que aprendemos de todas as “cousas”(persoas/situación/…); e o máis importante, aprendemos tamén de nós mesmas, ou dito con outras palabras “somos nós as que aprendemos”.

Aprendemos ó longo do tempo, é este feito, un ACONTECEMENTO INDIVIDUAL e colectivo; é un continuo permanente do que temos que tomar CONSCIENCIA (individual e COLECTIVA), para poder levar o conhecemento adquirido á práctica.

A pregunta: COMO aprendemos? Que pasos seguimos?

Para chegar a un conhecemento de tipo “superior”, o da razón, a ABSTRACCIÓN, temos que saber que comezamos a “aprender”(=vivir) mesmo antes de nacer… antes do parto, na barriga de mamá…

Segundo Marcel Bösch (www.elviajerosuizo.com), seguimos os seguintes PASOS no proceso de aprendizaxe:

VIVIR –> TOCAR –> IMAXINAR –> CREAR –> ABSTRAER

Para entender mellor estes pasos, verémolos cun pequeno exemplo, a abstracción dun círculo (un rosco, un aro, unha forma redondeada e fechada, como un “zero” ou unha letra “o”):

1.VIVIR: vivimos o círculo cando facemos unha roda, un corro, VIVIMOS o círculo, somos parte de el. Collidos das mans, xirando, xogando, falando, observando, damonos conta de que formamos parte de algo máis grande ca nós…

2.TOCAR: cun cilindro de madeira, que se poida TOCAR e MANIPULAR… a través do XOGO, podemos continuar a aprender, adquirimos conhecementos a través da repetición de experiencias.

3.IMAXINAR: coa propia mente, sonhando ou espert@, imaxinamos e podemos ver un círculo… este é o paso intermedio no caminho cara á abstracción, aprender a usar a IMAXINACIÓN.

4.CREAR: cun lápiz e papel, podemos pintar un círculo, máis tamén podemos ver o círculo noutros lugares ou situacións. É un paso importante, a CREACIÓN.

5.ABSTRAER: a idea en cuestión, a través do pensamento, é illar algo, separar, para ter (ou alomenos tentar ter) o CONHECEMENTO, ou parte del .

Saber como aprendemos, é positivo e é algo que debemos repasar continuamente. Esta non é a única explicación, nin ten porque ser sempre así, paso por paso.

A aprendizaxe é un proceso persoal e individual, e cada persoa é única, máis grazas a estes pasos podemos tentar ata “aprender que é a aprendizaxe”.

A nivel persoal, da minha persoa, eu vexo a aprendizaxe como algo DIVERTIDO, que proporciona FELICIDADE; cada vez que aprendo algo, é algo que non sabía… e que agora XA o sei! Que ALEGRÍA!! J 😀 🙂

Dende Pumarinhos anímovos a continuar crecendo en anos e conhecemento, e tamén en felicidade, diversión e alegría, coa experiencia da aprendizaxe diaria, e sabendo que tod@s estamos enlazad@s, unid@s, enliad@s, conectad@s… “fai o BEN, e mira que BEN o fas”; seguimos creando REDE, grazas a tod@s por chegar ata o final.

APRENDER, unha forma de CRECER, para toda, durante toda a nosa VIDA.
:o) Aquí, agora, xa! 😉

Un agarimoso saúdo dende Puma13,

R2N1 (Renato Pumarinhos)

obradoiro de CIRCO os venres de xuño en Pumarinhos

Maio 30th 2013 by pumarios in Sen clasificar Comentarios desactivados en obradoiro de CIRCO os venres de xuño en Pumarinhos

E antes do verán… Ven a aprender a malabarear! 🙂
Comezamos o día 7/6 facendo pelotas de malabares, e tirandoas polo aire.
deica! 😉

CIRCO en Puma13

En xuño’13 seguimos; mércores + venres, en Puma13

Maio 24th 2013 by pumarios in Sen clasificar Comentarios desactivados en En xuño’13 seguimos; mércores + venres, en Puma13

Sabes que existen outras maneiras de ver a educación, e que se están desenrolando en todo o mundo?

En Vigo, temos un espazo en contacto coa natureza;

os peques poden xogar e estar tranquilos, e tamén ser atendidos, mentres as maiores aproveitamos para xuntarnos e falar, escoitarnos e aprender.

As tardes dos mércores e venres son en caminho Pumarinhos 62,  Bembrive.

Se estás interesada, só tes que vir por aqui. E se queres saber máis: pumarinhos@gmail.com

 

(Sábado 25.5.13)xornadas de educacion infantil en Compostela

Maio 22nd 2013 by pumarios in Sen clasificar Comentarios desactivados en (Sábado 25.5.13)xornadas de educacion infantil en Compostela

Nas xornadas deste sábado, organizadas pola “asociacion socio-pedagóxica galega” (www.as-pg.com), participarán Renato e Rosa a esta hora, e con este tema:

17:30-18:45 Aprendizaxe vivencial na etapa infantil: material sensorial e creación de ambientes.

Será no IES as Fontinhas de Santiago DC, e ao longo de todo o día haberá diversas e variadas ponencias.
A matrícula é gratuíta, así que se estás intersad@, e podes, ponte en contacto coa asociación e inscríbete.
Un saúdo, e deica o sábado! 😀

Que é Puma13?

Maio 15th 2013 by pumarios in Sen clasificar Comentarios desactivados en Que é Puma13?

PUMA13  é unha casa, situada no bairro de Bembrive, en Vigo. Conta cun xardín, cun espacio para correr e saltar descalzos sobre colchóns, materiais de xogo e aprendizaxe, unha cociña para cociñar…

É un ESPAZO de APRENDIZAXE en LIBERDADE.

Un lugar onde ten cabida a crianza natural, onde todxs somos benvidxs e comprendidas.

 

NECESIDADES, que precisamos en Puma13?

o que máis se demanda en Puma13 son máis cativxs e crianzas (para xogar cos que xa hai).

Traballamos coa etapa infantil, 2-6 anos, aínda que os máis pequechos tamén poden vir, e as maiores… tamén!

 

Para continuar crecendo xuntas, precisamos de familias dispostas a querer entender que é este fermoso acontecemento que estamos vivindo… as nosas propias VIDA.

Se queres saber máis, escribenos a: pumarinhos@gmail.com

ou vente a vernos: MÉRCORES + VENRES, de 17h a 20h, en Bembrive, caminho Pumarinhos 62, no barrio de Mosteiro, cerca do colexio.

Calendario actividades: MAIO`13

Abril 29th 2013 by pumarios in Sen clasificar Comentarios desactivados en Calendario actividades: MAIO`13

Ola! como estás…?

Estás interesad@ na túa EDUCACIÓN e na d@ túa/teu fill@?
Queres ter un sitio onde poidan xogar e APRENDER, en contacto coa NATUREZA?
Queres coñecer outras EXPERIENCIAS educativas baseadas no AMOR, RESPETO e no XOGO LIBRE (entre outros valores)?

Se queredes saber máis sobre educación, no mes de MAIO, en PUMA13 temos as seguintes actividades programadas para estes días especiais:

  • 1, mércores (día dx traballador(a)): “Ven a xogar a Puma”
  • 8 e 22, mércores: “Obradoiro de cociña
  • 17, venres (Día das Letras Galegas): “Cantos e contos … en galego
  • 19, domingo “Grande Festa para todos”
ademáis, todos os mércores e venres de 17 a 20h,
estaremos en Puma13 (camiño Pumariños 62, Bembrive, Vigo).
Estás convidadx… non o dubides e ven a coñecernos!!
Máis información, no noso correo-e:
pumarinhos@gmail.com