Phoenix Criminal Lawyer
 

Taller de matemáticas con material concreto

Xuño 19th 2012 by| the_author pumarios in Sen clasificar

O próximo sábado 30 de xuño, organizamos un Obradoiro de matemáticas con material concreto na Fundación Eomaia (R/Padre Don Rúa nº9 1º, Vigo).


Ademais de pasar un bo día, neste curso aprenderemos a

– facer operacións matemáticas manipulando o material concreto, 

– cómo acompañar as crianzas na aprendizaxe da matemática activa

– facer material concreto para a aprendizaxe das matemáticas

 

Re-aprenderemos a sumar, restar, multiplicar, dividir, operacións con fraccións, calcular cadrados e raíces, resolver ecuacións, ….. todo isto sen ter que escribir números ou aprender táboas de multiplicar… só xogando!

Tentaremos compartir o que sabemos cos demais e así aprender xunt@s.

Dirixido a: nais, pais, mestras, educadoras, estudantes, xóves e persoas interesadas en explorar a matemática vivencial.

Prazas limitadas. (15 persoas)


Prezo: 35 € (con bono-axuda a Pumarinhos, 50 €).

Horario: de 11 a 13:30 e de 15:30 a 18h (total 5h).

Comida: faremos un descanso de 2 horas para comer. Podedes ir comer a casa, traer a comida ou podemos encargala na Cova dos Ratos (5 € / persoa), ou ir a comer alí (é un centro social que está alí cerca, rica comida vegana (rúa Romil 3)), e así non ter que preocuparse polo tema. Se vas vir ó curso, coméntanos que opción prefires.

Non o dubides, ven xogar coas matemáticas!

Organiza: Pumariños – espazo para medrar / Fundación Eomaia

Inscripción : pumarinhos@gmail.com

 

Os comentarios están pechados.