Phoenix Criminal Lawyer
 

Sen clasificarArchive for the ‘’ Category

Cancelado o obradoiro de Rosa Zaragoza en Moaña e a presentación en Vigo

Febreiro 7th 2012 by pumarios in Sen clasificar Comentarios desactivados en Cancelado o obradoiro de Rosa Zaragoza en Moaña e a presentación en Vigo

  Días 18 e 19 de febreiro. Dirixido a mulleres embarazadas, nais, pais… Máis información na web de Eomaia: http://www.fundacioneomaia.org/ O día 17 de febreiro ás 18.30 na Casa do Libro (rúa Velázquez Moreno 27, Vigo) presentación do novo disco de Rosa Zaragoza e do seu labor.

Furancho infantil o 3 de febreiro

Xaneiro 31st 2012 by pumarios in Sen clasificar Comentarios desactivados en Furancho infantil o 3 de febreiro

  Abrimos a partir das 13 horas (a comer, a beber, a xogar). Ás 16.30 horas espectáculo de maxia. Ás 17.30 horas contacontos. Se pensabades ir polo San Brais a Bembrive, podedes facernos unha visita, se non pensabades ir, por non haber oferta para as crianzas, xa a tedes. Vémonos o venres en Pumariños!

Actividades en xaneiro no Bosque de Beni (Cangas)

Xaneiro 25th 2012 by pumarios in Sen clasificar Comentarios desactivados en Actividades en xaneiro no Bosque de Beni (Cangas)

  O sábado 28 obradoiro de portabebés, ás 16 horas. O luns 30 obradoiro de intelixencia emocional. A partir das 19.30 h, duración 1.30, 2 horas, achega voluntaria (non obrigatoria), máximo 12 persoas. Información no teléfono: 607551612

II Encontro de equipos e de docentes pola normalización (Compostela)

Xaneiro 25th 2012 by pumarios in Sen clasificar Comentarios desactivados en II Encontro de equipos e de docentes pola normalización (Compostela)

  Será o  sábado 11 de febreiro no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela. – Podedes consultar o programa na páxina:  http://ir.gl/fdf0b9 EXPOSICIÓN DE MATERIAIS ELABORADOS POLOS EQUIPOS Nesta edición haberá a posibilidade de mostrar os diferentes materiais que se realizan nos Equipos dos centros educativos para compartilos e facer visible moitas das actividades […]

II Congreso Homeschooling

Decembro 20th 2011 by pumarios in Sen clasificar Comentarios desactivados en II Congreso Homeschooling

  Nos pasados 25 e 26 de novembro de 2011 tivo lugar na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Navarra o II Congreso Nacional e I Internacional sobre Educación en Familia – Homeschooling, onde diferentes ponentes analisaron desde un enfoque académico a situación actual da educación na casa no Estado Español. Concretamente centráronse en […]

Festa o 17 de decembro no Bosque de Beni (Cangas)

Decembro 14th 2011 by pumarios in Sen clasificar Comentarios desactivados en Festa o 17 de decembro no Bosque de Beni (Cangas)

  Será unha festa de nadal a partir das 17 h. Cóntannos que construirán un belén entre todas/os, que cantarán panxoliñas tocando diferentes instrumentos, que terán a visita de papá Noel e que farán unha merenda sa e natural. O Bosque de Beni está no camiño vello de San Roque, 31 en Cangas e se […]

II Aniversario de Eomaia

Decembro 10th 2011 by pumarios in Sen clasificar Comentarios desactivados en II Aniversario de Eomaia

Desde a fundación EOMAIA de Vigo dirixímonos a vós cunha celebración entre mans. A celebración do noso segundo aniversario. Queremos celebralo rodeadas de amizades: as vellas amigas que están con nós desde o nacemento deste proxecto e as novas que se foron sumando ao longo do tempo, mais queremos celebralo tamén rodeados de xente que queira coñecernos e […]

Conferencias de Kumar, Capra e Pauli

Novembro 27th 2011 by pumarios in Sen clasificar Comentarios desactivados en Conferencias de Kumar, Capra e Pauli

  As conferencias que deron Satish Kumar, Fritjof Capra e Gunter Pauli nas xornadas Educación para a vida que organizou o movemento Poc a poc http://www.pocapoc.org/ de Balears podedes velas en: http://vimeo.com/album/1748214

Un mes de observación e prácticas en La Violeta

Novembro 27th 2011 by pumarios in Sen clasificar Comentarios desactivados en Un mes de observación e prácticas en La Violeta

  Desde o espazo para o xogo e a comunicación La Violeta infórmannos do seguinte: Debido ao interese que viu xerando o noso proxecto, xa desde o curso 2010-2011, vimos recibindo a persoas ás que acollemos un mes no noso espazo. Trátase de ofrecer unha formación personalizada na que, ademais da tarefa de observar, os […]

Obradoiro de matemáticas en Vigo

Novembro 14th 2011 by pumarios in Sen clasificar Comentarios desactivados en Obradoiro de matemáticas en Vigo

O próximo sábado 26 de novembro, organizamos un Obradoiro de matemáticas con material concreto na Fundación Eomaia (R/Padre Don Rúa nº9 1º, Vigo). Ademais de pasar un bo día, neste curso aprenderemos a – facer operacións matemáticas manipulando o material concreto, – como acompañar as crianzas na aprendizaxe da matemática activa – facer material concreto […]