Phoenix Criminal Lawyer
 

Todos os mércores e venres…

Abril 25th 2013 by pumarios in Sen clasificar Comentarios desactivados en Todos os mércores e venres…

Todos os mércores e venres de 17 a 20h, estamos en Pumariños 62 (Bembrive), un grupo de familias dispostos a compartir o noso tempo e as nosas inquedanzas en crianza e acompañamento aos cativ@s

Ven a coñecernos!!!!

Obradoiro de cocinha en Puma: xaneiro’13

Xaneiro 9th 2013 by pumarios in Sen clasificar Comentarios desactivados en Obradoiro de cocinha en Puma: xaneiro’13

A ESCOLA PUMARINHOS (AO LADO DO CEIP MOSTEIRO, NO CAMIÑO PUMARINHOS 62 EN BEMBRIVE, VIGO) REALIZARÁ ESTE VENRES 11 E O VENRES 25 DE XANEIRO UN OBRADOIRO GRATUITO DE COCIÑA PARA NENOS E NENAS ATA OS 9 ANOS DE IDADE, EN HORARIO DE 17 A 19 HORAS.

O RESTO DE NENOS E NENAS MOI CATIVOS PARA PODER FACER O OBRADORIO DE COCIÑA, PODERÁN IGUALMENTE VIR, DISFRUTAR DAS NOSAS INSTALACIÓNS E XOGAR CO NOSO MATERIAL DE XEITO GRATUITO.

RECEITA A ELABORAR O VENRES 11

PIZZAS DE PAN DE MOLDE.

INGREDIENTES QUE DEBERÁN TRAER QUEN QUEIRA PARTICIPAR DESTE OBRADOIRO:

Unha rebanada de Pan de Molde. Unha loncha de queixo. E todo aquilo que lles goste e queiran botar sobre a rebanada.

O meteremos no forno de leña que temos e o merendaremos!!

Animádevos a coñecernos estamos eiquí ao lado!!!

Ante calqueira dúbida podedes contactar con: Rena: 686 318 740 ou Antía: 655 519 080

Os país e nais dos cativos que veñan terán que ficar na escola mentras estean alí os seus fillos e fillas. Ista iniciativa non está respaldada máis que por nós mesmos e non podemos responsabilizarnos de tódolos cativos. Mentras poderedes disfrutar dun café con leite quentiño!!! Un saúdo,

TREZE-PUMA 13

Decembro 27th 2012 by pumarios in Sen clasificar Comentarios desactivados en TREZE-PUMA 13

CONVOCATORIA:
Ola a todax!

no verán do ano 2mil12 rematou o cole Pumarinhos
e en outubro/12 voltou a funcionar… e agora vai ampliar!

no ano 13 pra mim Puma será TREZE-PUMA13,
escola de vida, casa matemática,
pra observar, pensar, facer,
e tamén crear, xogar e falar,
e rir e sorrir
e ser felices.

Quero convidarte a participar,
comezamos o domingo 30,
mes 12,ano 12, as 12h, abro portas (se non están abertas xa)
e as 13h, antes de xantar, ímonos presentar e de números falar.

(comida:cada un q traía o seu e/ou pra compartir.menú vexeta,porfis…escola de vida,morte non…é só 1pensamento persoal)

Logo de comer,
16h,papiroflexia aprender, compartir e xogar
e antes de marchar, por se quedan cousas que falar
18h, asembleia inaugural, con propostas e dúbidas, ideas e
calendario, economía e financiación
E se aínda da tempo… Pois +! (como por exemplo,unha intro as matemáticas:
“as mates e os problemas* da vida”)
20h fine?

a xente de bem sempre é benvinda,
persoas e familias querendo sempre un novo mundo comezar
Por que non no 13 comezar?

e se tes pensado vir, molabao comunicar… Grazas e feliz ano13! (se me contestades a pallasotururu@gmail.com, tamén guai.
onde? pumarinhos,bembrive,vigho! ir a bembrive e aparcar cerca do colexio mosteiro, na rotonda á esquerda para arriba e a primeira casa/caminho a man dereita Na esquina un cartaz, “caminho pumarinhos” iso é o q é, e onde está.RecibidosVer Gmail en: Móvil | Vers

Taller de matemáticas con material concreto

Xuño 19th 2012 by pumarios in Sen clasificar Comentarios desactivados en Taller de matemáticas con material concreto

O próximo sábado 30 de xuño, organizamos un Obradoiro de matemáticas con material concreto na Fundación Eomaia (R/Padre Don Rúa nº9 1º, Vigo).


Ademais de pasar un bo día, neste curso aprenderemos a

– facer operacións matemáticas manipulando o material concreto, 

– cómo acompañar as crianzas na aprendizaxe da matemática activa

– facer material concreto para a aprendizaxe das matemáticas

 

Re-aprenderemos a sumar, restar, multiplicar, dividir, operacións con fraccións, calcular cadrados e raíces, resolver ecuacións, ….. todo isto sen ter que escribir números ou aprender táboas de multiplicar… só xogando!

Tentaremos compartir o que sabemos cos demais e así aprender xunt@s.

Dirixido a: nais, pais, mestras, educadoras, estudantes, xóves e persoas interesadas en explorar a matemática vivencial.

Prazas limitadas. (15 persoas)


Prezo: 35 € (con bono-axuda a Pumarinhos, 50 €).

Horario: de 11 a 13:30 e de 15:30 a 18h (total 5h).

Comida: faremos un descanso de 2 horas para comer. Podedes ir comer a casa, traer a comida ou podemos encargala na Cova dos Ratos (5 € / persoa), ou ir a comer alí (é un centro social que está alí cerca, rica comida vegana (rúa Romil 3)), e así non ter que preocuparse polo tema. Se vas vir ó curso, coméntanos que opción prefires.

Non o dubides, ven xogar coas matemáticas!

Organiza: Pumariños – espazo para medrar / Fundación Eomaia

Inscripción : pumarinhos@gmail.com

 

xantar solidario en Pumariños

Xuño 19th 2012 by pumarios in Sen clasificar Comentarios desactivados en xantar solidario en Pumariños

Este mes , imos con estas tres actividades, esperamos que algunha vos interese. Caso de ser asi, pedimos confirmación no correo de pumarinhos@gmail.com

Dia 22 venres a partir das 21 horas cea con proxección

Dia 26 martes a partir das 12 horas en pumariños xantar e festa

Día 30 sábado taller de matemática vivencial na Fundación Eomaia. 

cea solidaria na cova dos ratos

Xuño 14th 2012 by pumarios in Sen clasificar Comentarios desactivados en cea solidaria na cova dos ratos
Saúdos;)
Se vos apetece vir estades convidados á…


Cea solidaria con proxección:
O espazo Pumariños organiza o venres 22 a partir das 21 horas na Cova dos ratos, unha cea solidaria na que podes participar ceando e vendo a proxección dos documentais sobre o espazo educativo Pestalozzi ( Ecuador) . Logo podemos falar tranquilamente e facer algunha dinámica de grupo
Necesitamos que nos informes da túa asistencia .

No correo electrónico:pumarinhos@gmail.com

Oferta lúdica para este mes de Xullo

Maio 24th 2012 by pumarios in Sen clasificar Comentarios desactivados en Oferta lúdica para este mes de Xullo

Estabamos agardando que dese comezo este taller. Promete ser divertido.

Festa Solidaria o 2 Xuño no Centro Cívico de Teis

Maio 24th 2012 by pumarios in Sen clasificar Comentarios desactivados en Festa Solidaria o 2 Xuño no Centro Cívico de Teis

Saúdos,  a festa vai ser pouco antes do xuízo, para dar ánimos a esta nai perseguida por educar fora do sistema reglado, e para pasalo moi ben.

Se tendes algo que aportar para o mercadiño , algo do que vós queirades desfacer enviade  un correo a analogicarosa@yahoo.es

Pedro García Olivo na Galiza

Marzo 8th 2012 by pumarios in Sen clasificar Comentarios desactivados en Pedro García Olivo na Galiza

 

Estas foron/son as datas e os temas das charlas de Pedro García Olivo na súa visita a Galiza:

  •  6 de marzo – Santiago de Compostela, Biblioteca anarquista Ghavilla (Puente la Reina, 8), ás 20:00h: “El Otro de la Institución: aproximación a las modalidades educativas no-escolares”.
  • 7 de marzoOurense, Facultade de Ciencias da Educación (edificio de ferro). Campus Universitario As Lagoas, ás 19:00h: “Custodio, Predicador, Terapeuta: la infamia del Profesor”.
  •  8 de marzo – Vigo, A Cova dos Ratos (Romil, 3) ás 21:00h: “Escuelas Reformadas y Escuelas Libertarias para una Sociedad Demofascista”.
  • 9 de marzo –  Ponteareas, no CSA O Fresco, ás 21.00h:  “Enemigos de la Escuela por amor a la educación. El intertexto anti-pedagógico”.
  • 10 de marzo – Ferrol, Espazo libertario (Avda. Esteiro, 10 – bajo) ás 20:00h: “La Subjetividad Única: propósito de la Escuela globalizada”.
  •  11 de marzo – A Coruña, CSO Palavea (Río Quintas, 31) ás 18:30h: “Cinismo pedagógico occidental. En torno a la “mentira vital”de los educadores”

Información tirada destas web:

http://orballo-vigo.blogspot.com/2012/03/pedro-garcia-olivo-na-galiza.html

http://www.ponteareasvirtual.com/guia/agenda/mostrar/charla_coloquio_con_pedro_garcia_olivo

Obradoiro de matemáticas en Cangas

Febreiro 11th 2012 by pumarios in Sen clasificar Comentarios desactivados en Obradoiro de matemáticas en Cangas