Phoenix Criminal Lawyer
 

Cancelado o obradoiro de Rosa Zaragoza en Moaña e a presentación en Vigo

Febreiro 7th 2012 by pumarios in Sen clasificar Comentarios desactivados en Cancelado o obradoiro de Rosa Zaragoza en Moaña e a presentación en Vigo

 

Días 18 e 19 de febreiro.

Dirixido a mulleres embarazadas, nais, pais…

Máis información na web de Eomaia: http://www.fundacioneomaia.org/

O día 17 de febreiro ás 18.30 na Casa do Libro (rúa Velázquez Moreno 27, Vigo) presentación do novo disco de Rosa Zaragoza e do seu labor.

Furancho infantil o 3 de febreiro

Xaneiro 31st 2012 by pumarios in Sen clasificar Comentarios desactivados en Furancho infantil o 3 de febreiro

 

Abrimos a partir das 13 horas (a comer, a beber, a xogar).

Ás 16.30 horas espectáculo de maxia.

Ás 17.30 horas contacontos.

Se pensabades ir polo San Brais a Bembrive, podedes facernos unha visita, se non pensabades ir, por non haber oferta para as crianzas, xa a tedes.

Vémonos o venres en Pumariños!

Actividades en xaneiro no Bosque de Beni (Cangas)

Xaneiro 25th 2012 by pumarios in Sen clasificar Comentarios desactivados en Actividades en xaneiro no Bosque de Beni (Cangas)

 

O sábado 28 obradoiro de portabebés, ás 16 horas.

O luns 30 obradoiro de intelixencia emocional. A partir das 19.30 h, duración 1.30, 2 horas, achega voluntaria (non obrigatoria), máximo 12 persoas.

Información no teléfono: 607551612

II Encontro de equipos e de docentes pola normalización (Compostela)

Xaneiro 25th 2012 by pumarios in Sen clasificar Comentarios desactivados en II Encontro de equipos e de docentes pola normalización (Compostela)

 

Será o  sábado 11 de febreiro no IES As Fontiñas de Santiago de Compostela.

– Podedes consultar o programa na páxina:  http://ir.gl/fdf0b9

EXPOSICIÓN DE MATERIAIS ELABORADOS POLOS EQUIPOS

Nesta edición haberá a posibilidade de mostrar os diferentes materiais que se realizan nos Equipos dos centros educativos para compartilos e facer visible moitas das actividades que levaron e levan a cabo.

II Congreso Homeschooling

Decembro 20th 2011 by pumarios in Sen clasificar Comentarios desactivados en II Congreso Homeschooling

 

Nos pasados 25 e 26 de novembro de 2011 tivo lugar na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Navarra o II Congreso Nacional e I Internacional sobre Educación en Familia – Homeschooling, onde diferentes ponentes analisaron desde un enfoque académico a situación actual da educación na casa no Estado Español. Concretamente centráronse en tres aspectos: a participación das familias, aspectos legais e xurídicos, e o uso das novas tecnoloxías (TIC’s).

Xa é posíbel consultar as conclusións deste congreso, e escoitar diversas intervencións grabadas en audio en http://www.radioschooling.com

E tamén tedes videos do congreso disponíbeis en http://www.youtube.com/user/videosEducacionLibre

Festa o 17 de decembro no Bosque de Beni (Cangas)

Decembro 14th 2011 by pumarios in Sen clasificar Comentarios desactivados en Festa o 17 de decembro no Bosque de Beni (Cangas)

 

Será unha festa de nadal a partir das 17 h.

Cóntannos que construirán un belén entre todas/os, que cantarán panxoliñas tocando diferentes instrumentos, que terán a visita de papá Noel e que farán unha merenda sa e natural.

O Bosque de Beni está no camiño vello de San Roque, 31 en Cangas e se queredes máis información ten o blogue:

http://obosquedebeni.blogspot.com/

II Aniversario de Eomaia

Decembro 10th 2011 by pumarios in Sen clasificar Comentarios desactivados en II Aniversario de Eomaia

Desde a fundación EOMAIA de Vigo dirixímonos a vós cunha celebración entre mans. A celebración do noso segundo aniversario.

Queremos celebralo rodeadas de amizades: as vellas amigas que están con nós desde o nacemento deste proxecto e as novas que se foron sumando ao longo do tempo, mais queremos celebralo tamén rodeados de xente que queira coñecernos e sumarse nesta nova etapa do camiño.

Por isto é que vos invitamos a participar con nós dunha retrospectiva destes dous anos. Compartiremos con vós a memoria das nosas actividades, os nosos logros, o avance dos nosos proxectos e as nosas propostas para un novo ano.

Querémosvos agasallar a memoria das nosas actividades, para que sexa unha memoria viva que pertenza a tódolas integrantes de esta asociación, para que todas sexamos conscientes do que estamos a lograr con traballo, ganas e a participación das socias, socios e colaboradores que deciden apoiar o noso proxecto.

Por todo isto, recibide unha cálida invitación aos nosos actos en Santiago e Vigo, podedes escoller calquera das dúas datas:

Martes 13 de decembro no Centro Cultural Fontiñas de Santiago de Compostela (Rúa Berlín 13)

Mércores 14 de decembro no auditorio do Museo Verbum de Vigo (Avda de Samil 17)

Entre as 10 e as 14 hrs da mañá e de 17 a 20 hrs da tarde.

A continuación tedes o programa de conferencias e actividades das xornadas:

Pola mañá:
De 10:00 a 11:50 h: O FOGAR DO MEU BURRO (Tomás Rábanos)
De 11:50 a 12:30 h: HOMEOPATÍA (Mónica Dios)
De 12:30 a 13:40 h: TERAPIAS COMPLEMENTARIAS, MEDICINA CHINA, FECUNDACIÓN, EMBARAZO E PARTO (Patricia Álvarez e Susana Iglesias)

Pola tarde:

De 13:40 a 14:00 h: DOUS ANOS DE EOMAIA (Lucía González)
De 17:00 a 18:00 h: DOULAS E PARTO EN CASA (Sofía González)
De 18:00 a 19:00 h: APRENDIZAXE EN LIBERDADE (Mesa Redonda)
De 19:00 a 20:00 h: DOUS ANOS DE EOMAIA E PROXECTO 2012 (Padroado da fundación)

As charlas estarán acompañadas pola proxección de material audiovisual relacionado cas actividades de EOMAIA

fundacioneomaia (arroba) gmail (punto) com

www.fundacioneomaia.org

Conferencias de Kumar, Capra e Pauli

Novembro 27th 2011 by pumarios in Sen clasificar Comentarios desactivados en Conferencias de Kumar, Capra e Pauli

 

As conferencias que deron Satish Kumar, Fritjof Capra e Gunter Pauli nas xornadas Educación para a vida que organizou o movemento Poc a poc http://www.pocapoc.org/ de Balears podedes velas en:
http://vimeo.com/album/1748214

Un mes de observación e prácticas en La Violeta

Novembro 27th 2011 by pumarios in Sen clasificar Comentarios desactivados en Un mes de observación e prácticas en La Violeta

 

Desde o espazo para o xogo e a comunicación La Violeta infórmannos do seguinte:

Debido ao interese que viu xerando o noso proxecto, xa desde o curso 2010-2011, vimos recibindo a persoas ás que acollemos un mes no noso espazo. Trátase de ofrecer unha formación personalizada na que, ademais da tarefa de observar, os practicantes teñen a posibilidade de resolver as súas preguntas, dúbidas,  etc… en titorías personalizadas que se desenvolven ao longo deste período. Tamén ofrecemos bibliografía e documentación sobre o noso proxecto.

Horario: de luns a venres de 9.30 a 13.30 h durante 4 semanas.

Prezo: 250€

(Como sabemos que a situación económica é complexa, sobre todo para os estudantes que son os máis interesados nesta proposta, estamos abertos a realizar plans de pagamentos personalizados)

Coordinadora das prácticas: Gema Cotallo Calvo, creadora do proxecto.

Para realizardes as prácticas é imprescindíbel que nos chamedes por teléfono. Previamente teremos que ter unha entrevista persoal.

Telefóno de contacto: 91 858 36 71 de 9.30 a 13.30 h

Obradoiro de matemáticas en Vigo

Novembro 14th 2011 by pumarios in Sen clasificar Comentarios desactivados en Obradoiro de matemáticas en Vigo

O próximo sábado 26 de novembro, organizamos un Obradoiro de matemáticas con material concreto na Fundación Eomaia (R/Padre Don Rúa nº9 1º, Vigo).

Ademais de pasar un bo día, neste curso aprenderemos a

– facer operacións matemáticas manipulando o material concreto,

– como acompañar as crianzas na aprendizaxe da matemática activa

– facer material concreto para a aprendizaxe das matemáticas

Re-aprenderemos a sumar, restar, multiplicar, dividir, operacións con fraccións, calcular cadrados e raíces, resolver ecuacións, ….. todo isto sen ter que escribir números ou aprender táboas de multiplicar… só xogando!

Tentaremos compartir o que sabemos cos demais e así aprender xuntas/os

Dirixido a: nais, pais, mestras, educadoras, estudantes, mozas e mozos e persoas interesadas en explorar a matemática vivencial.

Impartido por Rosa e Renato (acompañante no espazo educativo Pumariños) formados con Mauricio e Rebeca Wild e Marcel Bosch.

Prazas limitadas. (15 persoas).

Prezo: 30 € (con bono-axuda a Pumariños, 50 €).

Horario: de 11 a 13:30 e de 15:30 a 18 h (total 5 h).

Comida: faremos un descanso de 2 horas para comer. Podedes ir comer a casa, traer a comida ou podemos encargala na Cova dos Ratos (5 € / persoa), ou ir a comer alí (é un centro social que está alí cerca, rica comida vegana (rúa Romil 3)), e así non ter que preocuparse polo tema. Se vas vir ó curso, coméntanos que opción prefires.

Non o dubides, ven xogar coas matemáticas!

Para apuntarse escribe ao correo electrónico: pumarinhos arroba gmail punto com

Organiza: Pumariños – espazo para medrar / Fundación Eomaia