Phoenix Criminal Lawyer
 

Quen somos

Somos un grupo de persoas (entre nais, pais e adult@s acompañantes) que cremos necesario ofrecernos ás crianzas de todas as idades unha educación baseada no respecto. Desexamos que medren experimentando nun ambiente relaxado e comprensivo que se axeite ás verdadeiras necesidades do seu ser. Sabemos que somos capaces de levar as rendas da nosa propia aprendizaxe e evolución como seres humanos.

Ofrecemos:

1. Un espazo vivencial para que nós, nenas e nenos aprendamos a través do valor da experiencia con actividades que respondan ás nosas necesidades internas.

2. O exercicio da liberdade a través da responsabilidade das nosas propias accións.

3. Autonomía e respecto polo desenvolvemento do propio ritmo de aprendizaxe.

4. Aceptación incondicional nun espazo libre de prexuízos, comparacións e expectativas.

5. Un lugar baseado no pleno respecto ao ser de cada un/ha.

6. Satisfacción das propias necesidades segundo inquedanzas e intereses.

7. Convivencia entre distintas idades.

Imaxina se volveses á escola. Imaxínaste se volveses ter tempo para ti, para descubrir e experimentar por ti mesma/o, individualmente e ao teu propio ritmo?

Imaxínaste se puideses facer en cada momento o que máis che interesa ou o que che pide o corpo, dentro dun contorno libre e sereno.

Imaxínaste se as persoas adultas non fosemos “profesoras/es”, senón persoas cuxa presenza discreta mais permanente nos desemos o apoio necesario para sentirnos segura/o e confiada/o, persoas que nos lembrasemos con paciencia cales son os límites, que atendesemos as nosas necesidades sempre e cando o requirisemos, ou que estivesemos simplemente ao teu lado sen intervir, atentas á túa actividade?

Se sentes que o sistema educativo tradicional non cumpre coas súas necesidades fundamentais e che preocupa o teu/noso desenvolvemento persoal, a túa/nosa estabilidade emocional e a túa/nosa capacidade creativa e imaxinativa, únete a unha nova iniciativa educativa, non directiva e libre, cuxo funcionamento e desenvolvemento se basea na túa participación.

Pleiades, Asociación para unha educación en liberdade

Para contactar: pumarinhos [arroba] gmail [punto] com